A asemblea local da organización vén de elixilo por unanimidade
A Mariña, sábado 29 de outubro 2022. O BNG anuncia oficialmente a Mario Pillado Mon como candidato á alcaldía de Burela para as eleccións municipais de maio de 2023. Así o decidíu unánimemente a asemblea local de Burela e foi ratificado polo consello comarcal da organización nacionalista na Mariña.
Mario Pillado, de 38 anos, enxeñeiro químico e monitor deportivo, actual portavoz municipal do BNG na corporación burelá conta cunha ampla experiencia no eido da política municipal e caracterízase polo rigor no seu traballo diario no concello así como pola fluída interlocución que mantén cos diferentes colectivos e sectores sociais da vila.
Candidatura ampla e representativa para que o BNG lidere o cambio transformador que precisa Burela.
O BNG presentará unha proposta forte para que en Burela se produza o cambio necesario que díe solución ao atraso que un concello de referencia como é Burela vén sufrindo nos últimos anos. En palabras de Mario Pillado “nun momento de crise no que a nosa vila debería liderar A Mariña, vai sempre a remolque, por eso tén que haber un cambio profundo para rachar dunha vez por todas coa falta de planificación imperante neste concello desde hai varios anos, e ese cambio tén que darse nas próximas elección municipais da man do BNG, un cambio transformador coma o que leva adiante o BNG en todos os concellos donde goberna”.
Pillado anuncia tamén que desde a formación nacionalista están traballando nunha candidatura ampla, representativa de todo o pobo con persoas comprometidas co futuro de Burela e coñecedoras da súa realidade.
O candidato está mais convencido ca nunca e con moitas ganas de liderar ese cambio, coller a responsabilidade da xestión e traballar xunto co seu equipo para asegurar un futuro digno que a veciñanza burelá merece.