A Delegación de Xuventude de Foz, coa colaboración da Academia Galega do Audiovisual e a Área de Cultura da Deputación de Lugo, continúa co Ciclo Mestre Mateo.
Sira e Pepe son unha parella que fartos da vida en precario e do frenesí da cidade de Berlin, deciden voltar a Galicia tras moitos anos emigrados na Alemaña.
Atopan por internet unha casiña na aldea abandonada de Lupián, provincia de Ourense, e deciden deixalo todo para iniciar unha nova vida alí. Chegados a aldea descobren con sorpresa que a única casa con vida está habitada por unha peculiar señora chamada Isolina.
A concelleira de Xuventude, Gema Méndez Leivas, anima a gozar desta longametraxe que obtivo nove nominacións aos Premios Mestre Mateo.
Este sábado 22 de outubro, ás 18:30h na Casa da Cultura, o mellor cine galego.