Lamentablemente atopamos mais de 250 kg de lixo (aparellos de pesca, envases de todo tipo, pneumáticos…) na praia dos Alemans, que afortunadamente puideron ser retirados po las persoas participantes. O obxectivo principal desta actividade e concienciar á sociedade da problemática dos residuos no medio mariño e da necesidade da reducción de plásticos e envases, movilizando a un gran número de persoas en toda Galiza nun mesmo día.
Dende o Concello de Foz o noso agradecemento ás persoas voluntarias que este 15 de outubro adicaron a maña de sábado á protección destes ecosistemas tan valiosos como ameazados.