Site icon Crónica3.com A Mariña

Landrove celebra os días 7 e 8 de outubro a súa Festa Labrega e unha nova edición das Olimpíadas Rurais

Viveiro, 1 de outubro de 2022. A parroquia de Landrove será o escenario, os días 7 e 8 de outubro, da VI edición da súa Festa Labrega e das V Olimpíadas Rurais.

Coa organización da asociación cultural Pequenos Pasos e a colaboración do Concello de Viveiro, os veciños e veciñas de Landrove regresan á forma de vivir e desfrutar do ocio no rural hai varias décadas.

“Quero agradecer o traballo da asociación Pequenos Pasos para organizar esta festa e a colaboración de todos os veciños de Landrove”, asegura a alcaldesa, María Loureiro.
O venres 7, ás 21.00 horas, terá lugar a prendida da chama olímpica, e ás 22.00 horas actuará un grupo musical tradicional e os asistentes poderán degustar gratis boliños preñados.

O sábado 8, ás 13.00 horas, o dúo Zafiro animará a sesión vermú, e ás 16.00 horas comezarán as V Olimpíadas Rurais. Esa noite haberá a cea labrega e ás 23.30 horas festa co dúo Zafiro e Verónica Cambón.

Exit mobile version