Site icon Crónica3.com A Mariña

José Manuel Gómez Puente asume a presidencia da xestora do PP de Barreiros

O novo responsable popular indica que a súa labor terá como liña principal traballar en positivo por Barreiros e estar preto dos veciños para defender os seus interes

Barreiros, 20 de outubro de 2022.O Partido Popular acaba de nomear presidente da xestora do PP de Barreios a José Manuel Gómez Puente, traballador do SERGAS que leva anos exercendo como enfermeiro no Centro de Saúde de Barreiros, actual voceiro do grupo municipal popular en Barreiros e deputado provincial na Deputación de Lugo. Este nomeamento xurde tras o consenso entre os afiliados co coordinador xeral, José Manuel Balseiro Orol, nunha reunión celebrada onte coa dirección provincial.

O novo presidente da xestora agradece aos afiliadios e a dirección do partido a confianza e o apoio que lle amosaron. Ademais, Gómez Puente sinala que o súa labor terá como liña principal traballar en positivo por Barreiros e mellorar a calidade de vida das veciñas e veciños de Barreiros. Proximamente a xestora dará a coñecer o seu equipo de traballo que a compoñerá un formación sólida para dar unha alternativa ao goberno local.

Exit mobile version