Desde hoxe e durante as vindeiras semanas os envases que se depositen nese iglú rosa serán transformados nunha doazón á Fundación Sandra Ibarra. A campaña destaca a importancia de coidar o medio ambiente e a saúde mediante a prevención.
O concelleira de Igualdade, Mónica Freire, sinalou que “o Concello de Ribadeo súmase á campaña mundial contra o cancro de mama. Hai que lembrar e insistir na necesidade de facer esas revisións periódicas e se notamos algo estraño vaiamos o máis inmediatamente posible ao médico para que nos fagan ese recoñecemento”.
Os habitantes de Ribadeo reciclaron no 2021 un total de 405,01 toneladas de envases de vidro, o que supón unha media por persoa de 41 quilos. Segundo os datos facilitados por Ecovidrio respecto á taxa de contenerización Ribadeo sitúase cunha media de 95 habitantes por contedor e conta cun total de 104 iglús para depositar os envases de vidro.
Á presentación da campaña Recicla vidro por elas asistiron o alcalde, Fernando Suárez, os concelleiros de Igualdade e Medio Ambiente, Mónica Freire e Jorge Díaz, así como representantes da AECC de Ribadeo.