Site icon Crónica3.com A Mariña

Greenalia patrocinará a tempada 22/23 do Club Deportivo Burela Fútbol Sala

Desde Greenalia e o Burela Fútbol sala destacan os principais valores deste club, que conta con múltiples galardóns pola súa defensa en pro da igualdade en todos os ámbitos

Burela, 1 de outubro, 2022. A produtora de enerxías renovables Greenalia, con sede na Coruña, patrocinará ao Burela Fútbol sala feminino durante a tempada 22/23. Unha colaboración que terá un investimento de 15.000 euros e que se enmarca na estratexia de sustentabilidade da compañía, tal e como quedou reflectido o en acto de firma de hoxe na sede do club deportivo en Burela (Lugo).

O convenio asinado hoxe entre Manuel Blanco Fanego, presidente do Club burelense, e a directora de Sustentabilidade e Desenvolvemento Corporativo da compañía, Beatriz Mato, constitúe un paso máis na aposta de Greenalia polos valores intrínsecos ao deporte de equipo. “É unha excelente oportunidade poder apoiar a un club como este, cunha traxectoria de referencia na defensa da igualdade”, destacou Beatriz Mato.

Ademais dos propios valores do deporte, en Greenalia, explicou Mato, compartimos co club burelense os 5 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) que forman parte da estratexia deste equipo: educación, igualdade, loita contra cambio climático, o coidado dos nosos bosques e mares e un estilo de vida saudable.

Pola súa banda, o presidente do club, Manuel Blanco, destacou que “con esta unión demóstrase a visibilidade que ten o noso deporte, atraendo a empresas de diferentes sectores e de diverso tamaño e tan importantes como o é Greenalia”. “Estamos encantados de que unha compañía referente en Galicia e noutras partes do mundo forme parte do noso proxecto”. “Temos ilusión neste camiño que empezamos xuntos e que esperamos que sexa unha relación frutífera que dure moito tempo”.

O apoio a proxectos locais naquelas enteornos nos que opera é un eixo do Plan de Sustentabilidade de Greenalia, compañía que ten un forte compromiso coa industria da Mariña lucense, como quedou reflectido co acordo asinado con Alcoa para a subministración de enerxía verde para a súa planta de San Cibrao e coa carteira de proxectos en tramitación, que significarán un importante investimento nos próximos anos.

Unha longa traxectoria deportiva

Con máis de 20 anos de traxectoria na elite do fútbol sala nacional, e máis de 12 apostando polo deporte feminino, o Burela Club de fútbol conseguiu nos 4 últimos anos alzarse con 20 títulos. Convertéronse nun referente para menores de toda España e outros países europeos. Foi distinguido coa Medalla Castelao, o máis alta honra co que se pode premiar a unha entidade ou persoa en Galicia.

É un club pioneiro no desenvolvemento dun convenio para as súas xogadoras, que traballan diariamente por ser máximos expoñentes do valor do deporte na sociedade. Un modelo polo que foi galardoado como mellor club feminino do mundo nas dúas últimas convocatorias dos Futsal Awards.

Sobre Greenalia

Greenalia é un produtor independente de enerxía exclusivamente con tecnoloxías renovables. A empresa usa só vento, sol e biomasa forestal, de restos de curtas de plantacións certificadas, para xerar electricidade en harmonía coa natureza, achegando emprego e innovación nas zonas onde desenvolve a súa actividade.

A organización está presente en cinco tecnoloxías: Eólica Onshore e Offshore, Solar Fotovoltaica, Almacenamento e Biomasa onde está integrado verticalmente desde a orixe da materia prima ata a produción da enerxía eléctrica.

Greenalia ten a súa sede na Coruña, con actividade en Europa e en USA.

Exit mobile version