Site icon Crónica3.com A Mariña

Fernando Suárez compartiu un vídeo nas súas redes sociais no que se ven todos os proxectos que están en marcha en Ribadeo: Carril bici, pistas multideporte ou a área recreativa de Vilavella

Ribadeo, 15 de outubro de 2022. Ribadeo muda de imaxe en varias zonas coas obras que están en marcha. O alcalde, Fernando Suárez, compartiu un vídeo nas súas redes sociais no que se ven todos os proxectos que están en marcha neste momento.

O rexedor aludiu hoxe “a algunhas das cousas nas que desde o Goberno Municipal andamos afanados nestes tempos”.

E esas accións pódense ver nun vídeo colgado nas súas redes sociais. Trátase das obras do carril-bici na estrada do Faro e en Campoxurado; as obras de ampliación da ponte de Feve que executa a Deputación de Lugo; as obras de construción das pistas multideporte na mazá interior entre a Avenida de Galiza e as rúas Daniel Cortezón e Pintor Fierros; as obras no barrio da Pega, Veaigadaria e Río do Amalló; as obras da área recreativa da Vilavella; e o aglomerado da estrada dos Fornos, en Remourelle, para a conexión coa do veciño Concello de Barreiros.

Suárez Barcia declarou que “as melloras en Ribadeo seguen e a creación de novas infraestruturas tamén”.

Podes ver aquí o vídeo
https://m.facebook.com/story.php?story_fbid=pfbid0zwRkegYU4x2cjieaEkaF2urX1ok1PtN8YwaMUKFJnUAMHtF4dxciDNBsrjgqpFsHl&id=1353549409

Exit mobile version