Xove, 6 de outubro, 2022. O Concello de Xove, a través da Concellería de medioambiente, convocou a comezos do verán o VIII Concurso de Fotografía Medioambiental “Xove, a súa costa e o seu mar” coa idea básica de potenciar a participación cidadá na protección do medioambiente.
Dentro do concurso houbo unha única categoría. O xurado, composto polo fotógrafo xovense, Santos Cordovilla, e o fotógrafo de El Progreso, José María Álvez, acordou outorgar os seguintes premios:
Primeiro premio de 120 €uros: David Mariño Bouza coa obra “Playa de Reboeira“.
Segundo premio de 100 €uros: Antonio Herrera Huerta coa obra “Rescate en Sarón“.
Terceiro premio de 90 €uros: Germán Paleo Navaro coa obra “ Néboa no Roncadoiro“.
Cuarto premio de 75 €uros: María Isabel Pérez Martínez coa obra “Solpor dende Morás“.
Quinto premio de 65 €uros: José Manuel Arroyo Gimeno coa obra “Faro de Roncadoira“.