Durante a sesión facilitou información sobre os cambios evolutivos na muller e sobre estratexias imprescindibles para previr enfermidades propias do colectivo feminino. Por unha banda, ofreceu recomendacións adecuadas para promover a súa saúde física e emocional e para manter uns hábitos de vida saudables (especialmente ter unha alimentación equilibrada e realizar exercicio físico de forma regular). Por outra, incidiu na importancia de realizar os controis periódicos de saúde que se recomendan segundo a súa idade, algo que resulta fundamental para a detección precoz de enfermidades (revisións xinecolóxicas, cribado de cancro de mama, etc.).