Este pintor e fotógrafo é o fundador de Espacio Lupa Arte e organizador na cidade de Lugo do festival de arte urbana e muralismo Cult Urbán, que xa vai pola súa 3ª edición. Grazas á Deputación, que convocou un certame durante o curso pasado para homenaxear ao ilustrador Reimundo Patiño, o IES Perdouro pode contar hoxe con esta obra nun dos seus muros. Foron varios os muralistas que participaron nesta convocatoria para recoñecer o papel de Reimundo Patiño (1936-1985), autor do cómic O home que falaba vegliota, considerado a obra fundacional da banda deseñada en galego.Iago Eireos quixo representar neste mural a vitoria de Reimundo Patiño na súa defensa das linguas minorizadas, especialmente da lingua galega.