Site icon Crónica3.com A Mariña

Dúas medallas de prata para @s atletas do C.D. Egovarros nos distintos campionatos de veteranos celebrados a pasada fin de semana

Viveiro, 25 de outubro, 2022. O C.D.Egovarros-Viveiro estivo representado por dous atletas no Campionato de España de 5 km en ruta en categoría máster que se celebrou na localidade madrileña de Pinto, cunha masiva participación de atletas de toda o estado, acadando unha medalla de prata por mediación de Begoña de Arriba na categoría de W65, cun tempo de 28′:03”, o seu compañeiro Marcelo Vasquez, rematou na 17 posición na categoría M50, cun tempo de 17′:49”.

A outra proba na que estiveron presentes tamén atletas do club viveirense foi o Campeonato Galego máster de 10km, celebrado na localidade de Ames (A Coruña), nun día de choiva e vento, o que dificultou o desenrolo da proba. O atleta Domingo Álvarez fíxose co subcampionato galego na categoría de M70, cun tempo de 45′:25”, tamén estivo representado por Rubén Vila, Jose Ángel López, Andrés Piñón e Rufino Fernández. Con esta proba remátase a temporada 2022, na que os atletas do C.D.Egovarros volveron a estar a un nivel moi destacado.

Desde a directiva do C.D.Egovarros-Viveiro agradecen a todos os atletas a implicación e o bon facer de toda a temporada.

Exit mobile version