Site icon Crónica3.com A Mariña

Deron comezo un ano máis as clases de coro no Centro de Atención a Persoas Maiores de Ribadeo

Ribadeo, 13 de outubro de 2022. No Centro de Atención a Persoas Maiores deron comezo un ano máis as clases de coro, que se suman ao resto de actividades das que poden gozar as usuarias e usuarios da instalación.

As clases son impartidas por unha profesora da Escola Municipal de Música de Ribadeo.

A concelleira de Servizos Sociais, Mónica Freire, explicou que “as clases de coro súmanse a outras actividades preparadas para as e os residentes do CAM. Hai pouco que se iniciou a musicoterapia e agora retomamos o coro. O que queremos é que os nosos maiores estean entretidos e activos”.

E engadiu que “as actividades que se desenvolven no CAM están pensadas tanto para as persoas dependentes como para as que son autónomas”.

Exit mobile version