Site icon Crónica3.com A Mariña

Daniel Vega agradece aos produtores “todo o que fixeron para impulsar o mercado dos domingos”

Ribadeo, 10 de outubro de 2022. O voceiro do Grupo Municipal Popular de Ribadeo, Daniel Vega, agradece a todos os produtores “todo o que fixeron para impulsar o mercado dos domingos”.

O grupo municipal popular entende que “é unha moi boa iniciativa para impulsar a economía do noso pobo. É un evento moi importante na nosa vila os domingos porque anima as rúas e ten unha iniciativa clara de impulso económico para os nosos produtores. Hai que salientar que son produtos de calidade, produtos de proximidade que moita xente compra e, dende logo, así reactivamos unha economía que afecta non só ao rural; senón que afecta a todo o concello”.

Dende o grupo municipal popular apostan por impulsar este tipo de iniciativas e para iso “colaboramos con todo aquilo que consideramos que era preciso e que nos pediron: achegando roupa e bolsas para promocionar os nosos produtos, na promoción constante e na formación”

Vega explica que “seguimos traballando e imos seguir con distintas iniciativas ao longo de todo o ano”.

Exit mobile version