O voceiro do Grupo Municipal Popular explica que se trata dunha axuda da Vicepresidencia Primeira da Xunta á que lle traslada o seu agradecemento
O popular sinala que se trata dunha axuda convocada pola vicepresidencia primeira e consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo dirixida ao embelecemento no Camiño que permitiu mellorar e acondicionar o exterior da escola de Ove. Nese sentido, Vega considera que é “unha axuda importante” porque permite “conservar o patrimonio, algo no que o noso grupo levamos traballando dende fai tempo”.
“As actuacións na casa escola de Ove, que se sitúa pegada ao Camiño, supuxeron o pintado exterior, recuperar a carpintería exterior, mellorar a situación do cableado exterior e colocar un canalón na parte de atrás do edificio”.
Vega explica que “esta mellora permitirá manter o exterior desta casa escola en bo estado e dar unha boa imaxe. Debemos loitar entre todos para recuperar os edificios públicos. En moitas ocasións, a deixadez é absoluta por parte do goberno do BNG e vemos con tristeza que non toma medidas. Realmente, unha pena”, manifesta.
O portavoz do Grupo Municipal Popular traslada o seu agradecemento á Xunta de Galicia polo seu “compromiso absoluto con Ribadeo”.