Site icon Crónica3.com A Mariña

Dani Vega: “A área recreativa da Vilavella acondicionouse cunha aportación de 30.000 euros da Xunta”

O grupo municipal popular felicita aos técnicos municipais polo seu traballo e á Xunta de Galicia por colaborar economicamente

Ribadeo, 19 de outubro de 2022. O voceiro do PP en Ribadeo, Daniel Vega, destaca o compromiso do grupo municipal e a Xunta de Galicia na mellora e acondicionamento da área recreativa de Vilavella cun orzamento de 30.000 euros. “Unha boa iniciativa para mellorar as entradas a nosa vila. Queremos felicitar a todos os técnicos municipais polo polo traballo que fixeron e á Xunta de Galicia por colaborar económicamente” di Dani Vega.

Para o popular era importante invertir nas entradas de Ribadeo pois “todos sabemos que non están nun bo estado”. Neste sentido, Vega explica que cabe facer unha reflexión: “debemos invertir diñeiro público e que as administracións poidan xestionalo previamente para mellorar todo estos espazos”.

Actuacións na área recreativa

Grazas á axuda orzamentaria da Xunta de Galicia as actuacións que se levarán a cabo na área contará coa eliminación do impacto paisaxístico negativo, o asfaltado dun treiro que está en desuso. Por outra banda, se procederá á eliminación dos eucaliptos na marxe da ría de Ribadeo e a plantación de árbores autóctonos. Ademais, dentro dos traballos tamén está a mellora da iluminación reducindo a contaminación lumínica.

Exit mobile version