Alfoz, 31 de outubro, 2022. O curso está programado para o sábado 3 de decembro na Aula Omix da Casa da Cultura de Alfoz. En horario de 10:00h a 14:00h pola mañá e de 16:00h a 20:00h pola tarde.
Está dirixido a mulleres a partir de 16 anos, no caso de menores de idade deberán contar coa autorización asinada pola nai, pai ou titor/a legal. Actividade gratuíta.
As persoas interesadas deberán chamar ao tfno. 982 558 001 (ext. 2) desde o 2 de novembro ata o 1 de decembro para anotarse ou se queren máis información.
Está organizado pola Secretaría Xeral de Igualdade e impartido por monitores especializados.
É a segunda edición que se leva a cabo en Alfoz e podemos decir que o ano pasado contamos cun importante número de participantes de toda a Mariña e a valoración foi tan positiva que voltamos a solicitalo este ano porque consideramos que é fundamental dotar as rapazas e mulleres de ferramentas para poder previr e afrontar situacións difíciles que desgraciadamente suceden. Non só se aprenden técnicas sinxelas pero efectivas de autodefensa, é ademais un espazo de posta en común no que se aprende unhas doutras. Temos que destacar tamén a gran labor de Manuel Herbón, encargado de impartir o curso, especialista da Federación Galega de Loita pertencente as Forzas de Seguridade do Estado co que volveremos a contar nesta ocasión.