O tenente alcalde de Foz, Xavier Fanego, agradeceu “a colaboración da área de Medio Rural da Deputación para financiar e axilizar esta actuación, coa que se mellora un espazo moi usado pola veciñanza coa creación de corenta prazas de aparcamento” e recordou que, no marco do mesmo contrato, “se habilitou tamén como aparcadoiro unha parcela a carón do colexio de Nois, facendo máis cómoda e segura para as familias a hora de entrada e saída ao colexio ”.
A deputada de Medio Rural Mónica Freire reiterou o compromiso “coa colaboración institucional para avanzar na mellora de espazos públicos e servizos para a veciñanza dos diferentes concellos” e apuntou que “o encargo das obras a Tragsa, como medio propio da Deputación de Lugo, permitiu desenvolver os traballos coa maior axilidade posible, máis tendo en conta o contexto de encarecemento de materiais que está retrasando distintos procesos de contratación nas diferentes administracións”. O investimento orzamentado paras ambas actuacións foi de 37.000 euros.