Site icon Crónica3.com A Mariña

Coa colaboración do concello de Viveiro, este venres 7 de outubro, ás 20,30 horas, no salón de actos da Casa do Concello, presentarase o libro “Un año contigo”, de Raquel Amieiro e Pepe Peinó

Nel cóntase a historia de Raquel durante o ano 2019, en que se lle diagnosticou un tumor canceríxeno de mama, como foi pasando polos diversos tratamentos de quimioterapia, radioterapia e hormonoterapia e como conseguiu recuperar a saúde. Os beneficios obtidos pola venda do libro doaranse para a investigación na curación do cancro. O acto contará coa presenza dos autores e da psicóloga Teresa Pérez, así como do acompañamento musical do cantante Toni Cazás.

Exit mobile version