O Concello de Viveiro anuncia que, con motivo do Día de Defuntos, dende mañá venres pola tarde ata o mércores día 2 se vai poñer sentido único na estrada das Nogueiras, dende o cemiterio municipal ata a zona de San Lázaro. O concello toma esta medida, como en anos anteriores, co obxectivo de mellorar a circulación na zona, moi transitada estes días.