Site icon Crónica3.com A Mariña

“As historias de Bemol Pequeno” do grupo Música Miúda, este sábado en Burela

Burela, 13 de outbro, 200. O vindeiro sábado , 15 de outubro ás 18 horas, o auditorio da Casa da Cultura de Burela contará coa visita do Grupo Música Miúda. Nesta ocasión presentarán “As Historias de Bemol Pequeno”.

Un ano máis, a Biblioteda Pública de Burela, paticipa no Programa Ler Conta Moito 2022.
Ler Conta Moito é un programa de dinamización da lectura nas bibliotecas públicas promovido pola Xunta de Galicia en colaboración coas entidades locais.

A través deste programa , as bibliotecas integradas na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia ofrecen actividades variadas para achegarlla á cidadanía a lectura e a información dunha maneira lúdica e atraente.

Deste xeito as bibliotecas reforzan o seu carácter de espazo aberto, ao tempo que alentan a aprendizaxe e a descuberta a través dos recursos que proporcionan.

Con este programa preténdese, fomentar o hábito da lectura no conxunto da poboación; fortalecer o papel das bibliotecas como espazo de relación, aberto e participativo, e como axente facilitador da aprendizaxe permanente e da descuberta de novos temas e inquedanzas sociais; consolidar a programación compartida da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, coa renovación permanente de propostas atractivas e de calidade; valorar o libro e, en xeral, a lectura como elemento de transmisión de coñecemento e de reflexión.

A actividade

“As Historias de Bemol Pequeno “ é un contacontos musical , polo que camiñan personaxes como a Meiga Xela, o dinosaurio Pepón ou a Banda do Carballo. Todos os contos e cancións son de creación propia e buscan ensinar á rapazada conceptos musicais básicos como o volume, as notas musicais ou as familias de instrumentos. Este espectáculo tivo un grande éxito durante o 2021, percorendo moitas bibliotecas e coles de toda Galicia.

Exit mobile version