Site icon Crónica3.com A Mariña

Aberto o período de inscrición do rastro de Nadal de Burela para asociacións sen ánimo de lucro

O rastro celebrarase o 17 e 18 de decembro en horario de 10 a 20 horas na Praza de Abastos

Burela, 20 de outubro de 2022. O Concello de Burela anuncia a través da súa Delegación de Cultura que xa está aberto a partir de hoxe o período de inscrición para participar no rastro popular de Nadal destinado a asociacións sen ánimo de lucro da localidade.

O rastro celebrarase na Praza de Abastos o sábado 17 e domingo 18 de decembro, en horario de 10 a 20 horas ininterrompidamente ambos días. Poderán participar no mesmo todas as asociacións de Burela que non teñan fins lucrativos.

Segundo indican desde Cultura, as entidades interesadas poderán anotarse na Casa da Xuventude, ou ben chamando ao teléfono 982 58 01 41, deixando constancia do nome da asociación, unha persoa responsable e o contacto.

O prazo rematará o 1 de decembro, momento no que se concretará o número de asociacións participantes e as ubicacións dentro da Praza de Abastos. O Concello proporcionará unha mesa a cada unha onde colocar aqueles produtos que queiran vender para recadar fondos que lles permitan sufragar os gastos das súas respectivas asociacións.

O edil de Cultura, Jose Díaz, animou a participar nesta iniciativa “beneficiosa para todos, por unha banda para que as asociacións locais podan promocionar a súa actividade e sacar beneficio para continuar traballando, e por outra banda para todo o pobo, que poderá coñecer o tecido asociativo e facerse cos produtos que ofrecerán”. Así mesmo, adiantou que “buscaremos algún aditivo para eses dous días, como unha actuación musical ou algunha outra cousa que faga máis atractivo o rastro para a xente de Burela”.

Exit mobile version