Esta situación foi denunciada polo BNG que defendeu no único pleno extraordinario convocado neste mandato á persoa traballadora.
MOCIÓN PARA SOLICITAR A PRESENZA DA ALCALDÍA DE VIVEIRO POR IRREGULARIDADES LABORAIS
O despido asinado por María Loureiro, foi declarado nulo pola Xustiza tendo agora o Concello de Viveiro a obriga de readmitila no mesmo posto de traballo, abono dos salaios deixados de percibir coas consecuentes regularizacións e, ademais, unha indemnización por dano moral de 6.500€.
“declaramos la nulidad del despido del que ha sido objeto la demandante, condenando al CONCELLO DE VIVEIRO a readmitirla en el mismo puesto de trabajo y con las mismas condiciones que regían antes de su despido, con abono en todo caso de los salarios dejados de percibir desde la fecha del despido hasta la de la readmisión conforme al salario regulador que aparece reflejado en el hecho probado primero de la sentencia recurrida, y al abono de una indemnización por daño moral por importe de 6.500 euros, absolviendo a la empresa BROCOLI, S.L. de todos los pedimentos en su contra contenidos en demanda.”
A alcaldesa María Loureiro, criticou duramente ao BNG por convocar o pleno extraordinario para que comparecese por supostas irregularidades laborais, confirmadas agora, e incluso tentou tachar á nosa concelleira, Míriam Bermúdez, de facer “política da discordia” alardeando no pleno de “transparencia e de non ter nada que ocultar”, hoxe confirmase que, as poucas palabras que dixo a alcaldesa sobre o caso, non eran certa como vén sendo habitual.
Desde o BNG de Viveiro seguimos incidindo en que son numerosos os casos deste tipo nos que a alcaldía de Viveiro provoca contra o seu persoal laboral, denuncias e xuízos que levan consigo gastos moi elevados que son costeados con cartos públicos municipais, aos que hai que sumar os elevadísimos importes das indemnizacións derivadas destas xestións erróneas, ou mal intencionadas.