Nesta liña, Rodríguez explicou que as Forzas e Corpos de seguridade do Estado colaboran estreitamente coa asociación As San Lucas, que organizan a celebración, e co Concello para que a programación de actividades previstas se desenvolvan coas máximas garantías de seguridade. A subdelegada asistiu este venres á lectura do pregón, que correu a cargo de Modesto Díaz, político e conserxe durante máis de 40 anos no instituto do municipio. Ademais, aproveitou a ocasión para dar os seus parabéns á comisión organizadora das San Lucas por manter a calidade e variedade dunha cita con tanta historia e que supón un estímulo para a economía do municipio, pois atrae a miles de persoas durante os sete días que dura a festa.