Simultáneamente á estas reclamacións, as veciñas e veciños tamén podían asinar o seu apoio á ILP de medidas urxentes para recuperar e fortalecer a Atención Primaria. De feito, prácticamente todas as persoas que reclamaron tamén asinaron esta iniciativa promovida por SOS Sanidade Pública, colectivo do que formamo parte a Plataforma Sanitaria da Mariña.
As veciñas e veciños de Burela, xunto co persoal do centro de saúde e cargos públicos locais amosaron deste xeito o malestar que se está a vivir nesta localidade pola situación de desmantelamento que está a vivir a sanidade pública en xeral e a Atención Primaria en particular.