A Mariña 27 de outubro de 2022. A Plataforma Sanitaria da Mariña ven de presentar en todos os Concellos da comarca mocións en apoio da ILP de medidas urxentes para recuperar e fortalecer a Atención Primaria. As mocións, que se debatirán nos Plenos Municipais de todas as localidades, veñen a reforzar a campaña que se está a realizar na comarca e no país de recollida de sinaturas en apoio da ILP.
A Iniciativa Lexislativa Popular está promovida por SOS Sanidade Pública, colectivo do que formamos parte, ao igual que o resto das plataformas sanitarias do país, e trata cuestión tan importantes como garantir presencialidade nas consultas, rematar coa inestabilidade e precariedade do persoal como regla xeral, a reapertura dos das consultas pechadas nos últimos anos , incrementar o persoal médico, de enfermería e administrativo á vez que se incorporan novas categorías profesionais ou recuperar as Xerencias de Atención Primaria.
Foz foi o primeiro Concello en aprobar a moción co voto en contra do PP
Foz foi o primeiro Concello en debater a devandita moción, no pleno celebrado o pasado xoves 27 de outubro. A moción foi aprobada co voto en contra do Partido Popular, que alegou razóns peregrinas , non sendo capaz de citar cales eran os puntos en desacordo, malias solicitudes por parte do equipo de goberno para tentar chegar a acordos. O colectivo sanitario lamenta que “os seus argumentos, fora do contexto do debate e o voto en contra da moción non fagan máis que acreditar o alonxamento do grupo popular das veciñas e veciños.”