O horario de recollida de sinaturas será o habitual, desde as 11 ata as 13 horas
Esta iniciativa lexislativa popular está promovida por SOS Sanidade Pública, colectivo no que está integrada a Plataforma Sanitaria da Mariña e recolle medidas tan importantes como garantir a presencialidade e calidade na atención, mellorar as condicións e dotar axeitadamente de persoal os centros de saúde, incorporar novas categorías (coma logopedia, podoloxía, clínica…) e incrementar o xa existente ou rematar coas esperas en Atención Primaria, entre outras.
Desde este colectivo sanitario animamos ás e veciñas e veciños de Cervo a que se acheguen ata este dispositivo para apoiar coa súa sinatura esta inciativa que tenta recuperar e reflotar unha Atención Primaria que “nestes momentos camiña cara á deriva polas política de recortes e desprestixio que o goberno da Xunta leva practicando desde hai trece anos”- conclúe Montse Porteiro, coordinadora da Plataforma.