Realizarase un percorrido de 7 quilómetros con saída e chegada na Praza do Concello de Burela
A iniciativa solidaria terá lugar o domingo 20 de novembro ás 10 da mañá, realizando un percorrido de 7 quilómetros con saída e chegada na Praza do Concello de Burela.
Poderase colaborar aportando un quilo/litro de alimento non perecedoiro ou ben produtos de hixiene que se recollerán o propio día da andaina.
A concelleira de Muller e Igualdade, Mª Noelia Ben, convidou a toda a veciñanza a participar para “rexeitar a violencia de xénero na nosa sociedade e sumar esforzos en favor da igualdade entre os sexos e a non discriminación ás nenas e ás mulleres en todos os ámbitos da súa vida”.