Site icon Crónica3.com A Mariña

A Escola Infantil Municipal do Concello de Cervo inicia o curso con 26 matriculacións

O alcalde e a edil de Educación visitaron esta mañá aos pequenos e pequenas e ao persoal docente do centro

Cervo, 13 de outubro de 2022. A Escola Infantil Municipal do Concello de Cervo iniciou o novo curso escolar con 26 matriculacións (4 pequenos e pequenas de 0 a 1 ano, 14 de 1 a 2 e 8 de 2 a 3 anos).

O alcalde, Alfonso Villares, e a edil de Educación, Dolores García Caramés, estiveron compartindo esta mañá un anaco cos nenos e nenas e co persoal docente do centro, “xestionado dun xeito público, e con recursos municipais, no que prestan os seus servizos e coidan dos nenos, 8 educadores/as, en horario de mañá e tarde”.

O rexedor recordou que nestes últimos anos “destinamos unha gran cantidade de recursos municipais a esta instalación “co obxectivo de prestar un servizo público nas mellores condicións, e tamén para poder cubrir ao 100% a demanda crecente das familias cervenses, aspecto ao que se deu resposta coa creación dunha nova aula, incrementando a capacidade do centro en 15 prazas, conseguindo así que ningún pequeno ou pequena quede sen a súa praza nesta instalación municipal que non ten lista de espera”.

Caramés recordou que para favorecer o máximo posible a conciliación familiar, o servizo está operativo todos os meses do ano -incluído agosto-, “desde o departamento de educación e coordinación co persoal do centro, logramos manter as instalacións ao servizo das familias durante todo o ano, facendo un esforzo a nivel organizativo para ofrecer o mellor servizo á nosa veciñanza”.

A matrícula da Escola Infantil permanecerá aberta ata completar o número de prazas.

Exit mobile version