Site icon Crónica3.com A Mariña

A Deputación aplaude o recoñecemento do Concello a Adrián Ben como Fillo Predilecto de Viveiro

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou este sábado no acto de nomeamento do atleta Adrián Ben como Fillo Predilecto de Viveiro, celebrado no Teatro Pastor Díaz. Rivera Capón aplaudiu a decisión do Concello, coa Alcaldesa, María Loureiro, á fronte, de recoñecer ao atleta vivariense e a súa brillante traxectoria, patente co seu sexto posto no Mundial de Doha en 2019 e a quinta praza nos Xogos Olímpicos de Tokio en 2021 na modalidade de 800 metros lisos, unha posición xamais alcanzada por ningún atleta español. “É un orgullo para a provincia como deportista, pero tamén polos seus valores e por non esquecer nunha as súas orixes”, subliñou o Deputado.

Exit mobile version