Ribadeo, 26 de outubro de 2022. A charla informativa sobre cómo mellorar a factura da luz e do gas, organizada polo Concello de Ribadeo, será na Casa do Mar este venres, día 28. Será impartida por Emilio García, técnico de instalacións e profesional independente.
O alcalde, Fernando Suárez, dicía hai uns días que “queremos axudar a dar información sobre as opcións actuais de aforro enerxético e de aclaración de tarifas”.
E subliñaba: “para iso pedímoslle que nos acompañe a Emilio García, que é un técnico de instalacións, un profesional independente que ten coñecementos profundos sobre a realidade do día a día e que non está vinculado con ningunha compañía enerxética”.
A charla será o vindeiro 28 de outubro ás 20:30 no salón de actos da Casa do Mar, aínda que inicialmente estaba prevista a súa celebración no Teatro.
No acto intervirán Emilio García, técnico de instalacións; Pilar Otero, concelleira de Consumo; e Fernando Suárez, alcalde de Ribadeo.