A Irmandade das Sete Palabras de Viveiro, agradece a S.M. Don Felipe de Borbón e á Casa Real o outorgamento do devandito título que honra á nosa Irmandade de posuílo, ratificando a súa lealdade ao Rei e á institución que tan dignamente representa.
Tamén manifestan o seu agradecemento aos seus párrocos e bispos, pois nada sería posible sen o seu apoio, a D. Xosé Román Escourido Basanta e especialmente a D.Juan Basoa Rodriguez, quen mediou como interlocutor ante os dous últimos Bispos da nosa Diocese de Mondoñedo-Ferrol, primeiro con D. Luís Ángel de las Heras Berzal na solicitude do placet para a aceptación de S.M. O Rey como Irmán Maior Honorario e máis recentemente con D. Fernando García Cadiñanos que tamén emitiu o seu placet como último requisito necesario para o outorgamento do título de “REAL”. Non concede ningunha distinción a Casa de S.M. O Rey sen previo apoio da Igrexa católica.
Os membros que compoñen a Xunta Directiva síntense enormemente emocionados e isto é un recoñecemento non só a confrades actuais senón a todos os que ao longo da historia desde a fundación da mesma, contribuíron a chegar ao día de hoxe e así poder difundir esta noticia que á súa vez contribúe a achegar un pouco máis de prestixio á Semana Santa de Viveiro.
Para conseguir o título, a propia Irmandade, seguíronse as pautas indicadas desde a Casa Real no ano 2013, agrupouse nun amplo e extenso dossier elaborado con documentos de todo tipo (Acta de fundación da Irmandade, estatutos, actos litúrxicos e procesionais organizados, documentos, publicacións e información que permitise valorar á Casa Real a súa importancia e implantación social en Viveiro, etc…..).
Este Título dá dereito á nosa Irmandade para incorporar na súa nominatio o termo Real, a usar nos seus emblemas e insignias a Coroa Real (Que indica a distinción de Real), a convidar os actos institucionais aos representantes ou a calquera membro da Casa Real.
A Irmandade prevé nun futuro próximo organizar un acto de celebración.