Desprazarzanse unha trintena de xogadores de toda España, maiormente de Asturias, Madrid e Galicia.
Preveese un gran nivel, xa que aínda que todos os xogadores son maiores de 58 anos, hai alguns que manteñen un nivel competivo impresionante e todavía dan guerra nos campeonatos de España senior.
Contarase coa presencza de varios xogadores que foron campións de España en categoría senior e incluso co campión olímpico en Barcelona 92 (os bolos foron deporte de exhibición nestas olimpiadas).
O sábado xogaranse o campeonato individual das categorías de Veterano (de 58 a 65 anos) e de Superveteranos (máis de 65 anos).
O domingo pola mañá xogarase o campionato de parellas que sairán dun clasificatorio que se fará o sábado para escoller as 8 mellores.
O club de Bolos Xove participa neste campionato con 4 xogadores (3 en veteranos e 1 en superveteranos)