Con motivo do seu décimo aniversario contan cunha actuación de balde moi especial. Treixadura estará en concerto ás 22:30h na Praza da Catedral para presentar o seu novo traballo, “Camiño Longo” e celebrar que, ao igual que os Cantos de Taberna, tamén están de aniversario xa que levan 30 anos de andaina. Con este disco Treixadura quere recuperar as melodias dos inicios do grupo e soarán en directo os temas máis emblemáticos da agrupación.
Pero aínda hai máis, Gaita Escola convida a seguir a festa cunha foliada aberta na Praza do Concello a partir das 00:00h onde todo o mundo ten cabida para tocar, bailar e gozar coa música tradicional. A Asociacion Gaita Escola quere agradecer á hostelería mindoniense a súa participación así como ao Concello de Mondoñedo e a Asociación O Pasatempo para que todos os actos se poidan facer posibles.
Por último, recordar que todo isto enmárcase nas festas patroais que Mondoñedo celebra na honra da Virxe dos Remedios os días 10, 11 e 12 de setembro.