Para o Concello de Viveiro, o fomento de actuacións que melloren a xestión do medio ambiente no municipio é un obxectivo primordial. Entre estas actuacións, inclúese a recollida de residuos susceptibles de valoración, cuxa xestión non diferenciada pode ser causa de prexuízo para o medio ambiente.
Con este novo servizo, o Concello de Viveiro busca avanzar dunha economía lineal a un modelo circular. Neste tipo de esquemas, redúcese o consumo de recursos naturais, aproveitando os residuos e permitindo o peche do ciclo de vida dos produtos e servizos.
Ademais, esta medida adianta ao Concello de Viveiro na obrigatoriedade imposta pola Lei 7/2022, do 8 de abril, de residuos e solos contaminados para unha economía circular. Esta nova norma obrigará a que as entidades locais establezan a recollida separada de téxtil antes do 31 de decembro de 2024. Porén, o Concello de Viveiro contará xa con este sistema instalado.
Os elementos depositados nos contedores pasaran por varios procesos de clasificación. Así, separarase a roupa susceptible de ser reutilizada en mercados internacionais de segunda man con poder adquisitivo baixo, da que non se poda usar, que se destinará a materia prima para a produción de panos de limpeza.
Finalmente, a roupa de mais baixa calidade que se destinará á recuperación da fibra para a obtención de fío para mantas ou ben para a produción de recheos.
Os 13 colectores localízanse en:
-Senda de San Lorenzo 17
-Suasbarras 1
-C/Luis Cebreiro
-Avda.Ferrol 41
-C/Villafranca del Bierzo/Avd. Ferrol
– Lodeiro 26
-Praza de Lugo
-Av. Cantarrana 11
-C/Benito Galcerán
-C/Santiago
-C/Lugar O Cruceiro
-C/Verxeles -LU-540 (Abanca)
-Punto Limpo
Para realizar este proxecto, o Concello de Viveiro adheriuse ao servizo de recollida de roupa usada posto en marcha pola Mancomunidade de Municipios da Mariña Lucense.