Pero de súpeto todo cambia e, da noite para a mañá, convértese sen querelo nunha heroína. Os medios de comunicación fan dela a persoa máis popular do momento e políticos, xornalistas e programas de televisión dispútanlla.
A súa vida gris parece volverse rosa e as promesas de axudas para os seus fillos, para o seu alugueiro, para todo, aos poucos esquécense. Ante tanta mentira, Pepa decide dar unha puñada sobre a mesa e tomar as rendas aproveitando que aínda non perdeu do todo a popularidade. Quere ser alcaldesa da súa cidade, Melilla. Quen dixo que non pode selo?.
Unha comedia chea de verdade, porque é na verdade onde nace a mellor comedia.
Hora: 20 h. Entradas: https://www.gameoverpro.es