Site icon Crónica3.com A Mariña

Unha muller maior falece tras ser atropelada por un turismo en Cervo

O 112 Galicia era informado pasadas as 17:30 horas desta tarde dunha muller de avanzada idade que fora atropelada na estrada que conduce de Cervo a Celeiro. Segundo indicaba un particular que se atopaba na zona no momento do accidente, a persoa quedara tendida na vía, e aparentemente perdera o coñecemento. Foi entón cando dende o 112 coordinouse a acción dos servizos de emerxencias: ata o punto desprazáronse o persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, o GES de Cervo e a Garda Civil de Tráfico. Ademais, foron informados os Bombeiros de Viveiro, que finalmente non tiveron que intervir. A pesar dos esforzos dos servizos sanitarios, nada se puido facer por salvar a súa vida.

Exit mobile version