Site icon Crónica3.com A Mariña

Un nutrido grupo de voluntarixs participou este sábado en Foz nunha nova xornada do ‘Proxecto Ríos’

Foz, 19 de setembro, 2022. O Proxecto Ríos continuou a súa andaina en Foz este pasado 17 de setembro. Participou un nutrido grupo de voluntarixs para dar continuidade ao proxecto nas dúas campañas anuais nas que se fan as inspeccións de río. A vindeira será a de primavera.

O Proxecto Ríos é unha iniciativa de concienciación, educación e participación cidadá en defensa dos nosos ríos, coordinado por ADEGA. Iniciouse no río Centiño e deitou resultados moi alentadores en macroinvertebrados e na analise da calidade da auga. Unha boa oportunidade para celebrar a importancia dos nosos ríos e restablecer a relación da humanidade coa natureza.

En vindeiras datas a Concellería de Medio Ambiente convidará a novas actividades para a promoción do noso medio natural.

Exit mobile version