O premio, ademais de 300 euros en metálico, implica a autoría do próximo calendario da imprenta Gráficas LAR: o Calendario LAR 2023, que será ilustrado con doce sensacionais imaxes de fauna do sur de Asia e publicarase antes do Nadal.
Nesta edición do concurso recibíronse 60 diferentes galerías de todo o planeta, das que a organización do certame elixiu a cinco candidatos. Finalmente foi o xurado, formado polos autores dos sete calendarios anteriores, o que colocou a Nafis Ameen en primeiro lugar.
A organización do concurso destaca que “Nafis Ameen é un apaixonado fotógrafo especializado en natureza e fauna cun extenso palmarés internacional e diferentes exposicións no sur de Asia. A súa galería, dispoñible en redes sociais, é asombrosa e recomendada para todos os amantes da fotografía”.
Desde Gráficas LAR agradecen a participación “a todos os que se presentaron, e moi especialmente aos catro candidatos que quedaron ás portas del premio. Só podía gañar un, pero calquera das cinco opcións sería espectacular”.
Nafis Ameen, que ten 35 años e vive en Daka, a capital da República Popular de Bangladés, explica: “unha das miñas maiores paixóns é a conservación do medio ambiente, polo que a miña afección á fotografía de fauna salvaxe comezou como consecuencia do meu amor pola natureza e os animais hai xa case dez anos”. Nese período de tempo gañou diferentes premios e mencións, entre os que cabe destacar:
– Terceiro clasificado nos ASE International Photo Awards 2020. Rusia.
– Finalista no Montier Photo Festival 2021. Francia.
– Premio FIAP (Federación Internacional da Arte Fotográfica) no II certame de fotografía de ecoloxía World Eco Photo 2019.
– Finalista no décimo quinto Golden Turtle International Wildlife Photo Contest 2021. Rusia.
– Gañador do BlueGreenEarth Spring-Summer-Fall Nature Photo Contest 2021.
– Finalista do Water Integrity Nework Photo Contest 2020. Alemaña.
– Finalista do Instituto Penn por el Urban Research Photo Contest 2019. EEUU.
– Finalista en Humanidade por HIPA (Hamdan International Photography Award) 2020-2021. Dubai.
– Premio á excelencia nos World Photography Awards 2021 pola Asociación de Fotógrafos de Natureza de Norteamérica (NAPA). EEUU.
– Segundo premio na categoría de paisaxes en PCOI-CHIIZ 2018. India.
– Mención de honra en Travel Photo Award pola organización We Said Go Travel 2018.