Site icon Crónica3.com A Mariña

Turistas de 40 países visitaron Viveiro este verán

Viveiro, 10 de setembro de 2022. O Concello de Viveiro fai un balance moi satisfactorio da tempada turística de verán, con visitantes de máis de 40 países que chegaron ao municipio nos meses de xullo e agosto.

“Un ano moi bo, cun incremento de turistas que viñeron a Viveiro en busca de tranquilidade, gastronomía, natureza, praia e actividades como o senderismo”, asegura a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.

A concelleira de Turismo, Marisol Rey, apunta que “un total de 42.385 persoas pasaron pola oficina de turismo de Viveiro, e moitas outras utilizaron as novas tecnoloxías para buscar información sobre o noso concello”.

Polo que respecta ao turismo nacional, o primeiro lugar de orixe foi Madrid, pero tamén chegou moita xente de Castela León, Castela A Mancha, Cataluña, País Vasco e Aragón.
As cifras de turismo internacional rexistraron un elevado número de visitantes franceses, seguidos de Reino unido, Alemania ou Arxentina. Tamén notouse este verán un incremento dos peregrinos que pasaron por Viveiro.

Eventos como o Resurrection Fest, a Mostra Folclórica ou as festas patronais congregaron a milleiros de persoas, cunha elevada porcentaxe de ocupación nos hoteis e as vivendas de uso turístico.

A estancia media foi dunha semana e as visitas guiadas tiveron moita demanda, destacando tamén o éxito da pantalla de grandes dimensións que o concello instalou na oficina de turismo.

Exit mobile version