Un ano máis, a Biblioteda Pública de Burela, paticipa no Programa Ler Conta Moito 2022.
Ler Conta Moito é un programa de dinamización da lectura nas bibliotecas públicas promovido pola Xunta de Galicia en colaboración coas entidades locais.
A través deste programa, as bibliotecas integradas na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia ofrecen actividades variadas para achegarlla á cidadanía a lectura e a información dunha maneira lúdica e atraente.
Deste xeito as bibliotecas reforzan o seu carácter de espazo aberto, ao tempo que alentan a aprendizaxe e a descuberta a través dos recursos que proporcionan.
Con este programa preténdese, fomentar o hábito da lectura no conxunto da poboación; fortalecer o papel das bibliotecas como espazo de relación, aberto e participativo, e como axente facilitador da aprendizaxe permanente e da descuberta de novos temas e inquedanzas sociais; consolidar a programación compartida da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, coa renovación permanente de propostas atractivas e de calidade; valorar o libro e, en xeral, a lectura como elemento de transmisión de coñecemento e de reflexión.
A actividade…
Na terra algo acontece; hai moito ruído… berros… enfados… A Lúa está preocupada porque con tanto ruído as estrelas asústanse e non queren achegarse… Así que deciden baixar á terra e saber o porqué de tanto barullo.
Lúa trata dunha analoxía entre o fantástico e o máxico e a relación que temos as persoas no noso mundo que nos levan a non enterdernos e provocan medos e violencia.