Trátase de encontros literarios en librerías independentes entre dous creadores e creadoras que escriban en diferentes linguas de España
A Coruña, 18 de setembro de 2022. Un total de sete librerías de Galicia acollerán durante os meses de setembro e outubro encontros entre escritores dentro do programa ‘Afinidades electivas’, que organiza a Dirección Xeral do Libro e Fomento da Lectura, do Ministerio de Cultura e Deporte.
A iniciativa, posta en marcha en 2020 a través da Dirección Xeral do Libro e Fomento da Lectura, reúne a dous autores que escriban en diferentes linguas de España en librerías independentes para falar das súas semellanzas, diverxencias ou conexións.
En Galicia participan tres librerías da provincia da Coruña, dúas de Lugo, unha en Pontevedra e unha de Ourense:
A Voz da Verdade (Lugo). Ana Basanta e Clara Fortes. 22 de setembro
Librería Moito Conto (A Coruña). Bibiana Candia e Jon Bilbao. 29 de setembro
Bululú Libros (A Coruña). Clara Fortes e Ana Basanta. 29 de setembro
Librería Baía (Foz). Xesús Fraga e Noemí G. Sabugal. 30 de setembro
Librería Berbiriana (A Coruña). Raquel Lanseros e Xulio López Varcárcel. 11 de outubro
Libros para soñar (Vigo). Carme Solè e Xosé Cobas. 26 de outubro
Librería Aira dás letras (Allariz). Berta Dávila e Marta Orriols. 28 de outubro
O obxectivo é impulsar a actividade das librerías independentes e dos autores e autoras, tras unha das maiores crises vividas polo sector. Así, a creación, a pluralidade e diversidade lingüística e literaria serán os protagonistas dos encontros en librerías de todo o Estado.
O título, ‘Afinidades Electivas’ inspírase na obra homónima de Goethe, que defende que “só se pode entender o alleo ao entender aquilo co que es afín”.
Librerías de 12 comunidades autónomas presentaron as súas propostas, que acollerán ata o 30 de outubro. Son as librerías as que, en función do seu público interesado, o seu fondo e a súa liña de programación de actividades, propuxeron a participación aos creadores e creadoras.
Pódense consultar as librerías e autores seleccionados nesta LIGAZÓN.