Site icon Crónica3.com A Mariña

Rematan os mércores de natureza do Vicedo que tiveron unha moi boa acollida entre os turistas e mesmo moita xente da comarca

Nesta ocasión será unha baixada do Río sor onde se poderá disfrutar de espacios tan bonitos como as Ribeiras do Sor e a súa área recreativa, a Illa de San Martín e o lugar de Creximil, as pontes sobre o Río Sor, O Barqueiro e o Porto do Vicedo. O punto de encontro será o peirao do Vicedo ás 16:00h e dende alí desprazarémonos en vehículos da empresa dos kayaks ata as Ribeiras do Sor, onde partirá a ruta. Iremos descendendo ata rematar, 2 horas despois, no peirao do Vicedo. Prezo: 17€ por persoa (Inclúe transporte ata o punto de inicio, equipo de seguridade adecuado e acompañamento con guía). Inscrición no 982 59 01 95

Exit mobile version