A Mariña, 13 de setembro de 2022. A Plataforma Sanitaria cualifica dun rotundo éxito a recollida de sinaturas que organizou hoxe no Centro de Saúde de Viveiro. Ata alí achegáronse numerosísimas persoas que quixeron amosar o seu apoio á ILP de medidas urxentes para recuperar e fortalecer a Atención Primaria. Do mesmo xeito o persoal do propio centro saiu a asinar e apoiar esta iniciativa que precisa de dez mil sinaturas para debaterse no Parlamento.
A situación en Viveiro hoxe seguía a ser caótica, posto que dúas médicas na quenda de maña, dun total de sete, e unha na quenda de tarde das tres qus deberían estar, atendían aos preto de dezaseismil habitantes de Viveiro, máis as persoas desplazadas. O servizo de pediatría tamén estaba deficitario, funcionando só ao cincuenta por cento.
A Plataforma Sanitaria desplazarase mañá ao centro de saúde de Barreiros, onde levan días cunha cunha soa médica dos tres que conformam a dotación. O dispositivo móbil recabará sinaturas desde as 10:30 horas ate as 12:30horas.
Desde o colectivo animan ás e aos barreirenses a que acudan a apoiar esta iniciativa que rescate a Atención Primaria do caos en que está sumida.