Foz, 8 de de setembro de 2022. O Proxecto Ríos é unha iniciativa de concienciación, educación e participación cidadá en defensa dos nosos ríos, cordinado por ADEGA. Fundaméntase na realización de inspeccións do estado dos ríos galegos por parte de persoas ou grupos voluntarios a nivel local, co obxectivo final de facerse responsábeis da vixianza (adopción) do río que pasa polo seu municipio ou localidade. Estas inspeccións realízanse como mínimo dúas veces ao ano, en base á metodoloxía e materiais de apoio proporcionados polo Proxecto Ríos que axudarán a cumplimentar as Follas de Inspección. Hai dúas campañas: a de primavera e a de outono, nas que se fan as inspeccións de río.
O Proxecto Ríos en Foz iniciouse no río Centiño na primavera de 2021 para as inspeccións periódicas. O vindeiro sábado 17 de setembro realizarase unha breve sesión informativa para inmediatamente iniciar a actividade no río, Contarase para todo o Proxecto coa colaboración de ADEGA.
Animamos a cantos podan estar interesados a anotarse no correo patrimonio.medioambiente@concellodefoz.es ou no 672121714 para facilitar unha mellor organización da actividade. Lembramos será o día 17 as 11 hs. O punto de encontro será o Teleclube de San Martiño.