O investimento para a fábrica de téxtiles é de 800 millóns de euros e estímase que creará uns 2500 empregos directos e indirectos
Así coincidiron os participantes nunha reunión recente celebrada en Palas de Rei dos alcaldes da zona, que estivo encabezada polo presidente do Partido Popular de Galicia, Alfonso Rueda, e a presidenta provincial, Elena Candia.
A Xunta de Galicia, pola súa parte, xa se comprometeu a colaborar na tramitación administrativa e o Concello de Palas de Rei tamén terá un importante labor no seu desenvolvemento. Avaliouse, ademais, a importancia que este proxecto terá para a transformación industrial non só da comarca da Ulloa e da provincia de Lugo, senón tamén de toda Galicia, con especial relevancia no sector forestal.
Deste xeito, prevese un impacto positivo a nivel económico, cun investimento de 800 millóns de euros; e laboral, coa creación de 2.500 empregos entre directos e indirectos.
Por outra banda, destaca a pegada industrial desta iniciativa, xa que se calcula que máis do 65% dos provedores sexan pemes, e que se incremente a demanda de materia prima e da industria loxística, permitindo a implantación de novas empresas de produtos e servizos.