Os populares avisan de que o novo plan económico do organismo provincial non pode ser un corta e pega dos de anos anteriores, senón que ten que ser útil para axudar aos cidadáns e aos concellos a superar “ás circunstancias que os están penalizando”
Lugo, 7 de setembro de 2022. En todos os ámbitos institucionais, o PP ten sobradamente demostrada a súa vontade de traballar para sumar a favor dos intereses dos lucenses. Así ocorre tamén na Deputación, e, nesta liña de traballo dos populares, o portavoz na Deputación, Javier Castiñeira, lanza, un ano máis, unha oferta de diálogo para consensuar o orzamento do organismo provincial para o ano que vén, co fin de que se adapte aos “tempos diferentes e complexos” que corren e que aínda están por vir. Así, anuncia: “Terá o apoio do PP se quere elaborar uns orzamentos consensuados, que sirvan para pasar estes tempos diferentes e complexos e que contemplen as circunstancias que están penalizando aos lucenses e a todos os concellos; se é así, aí estará o Partido Popular”.
Castiñeira sinala: “Queremos dicirlle a José Tomé que se centre e que aproveite o tempo que lle queda como presidente da Deputación, porque é probable que dentro duns meses deixe de selo. É importante aproveitar estes últimos meses para facer a vida más fácil aos lucenses. Vivimos tempos complexos e diferentes e en tempos diferentes debemos tomar medidas diferentes ás que vén adoptando o goberno da Deputación de Lugo”.
O PP indica que, “na idea de seguir sumando, ofrécese de novo para traballar nos orzamentos provinciais, esta vez nos do final de lexislatura e de principios da seguinte”. Por iso, di Castiñeira, “con máis motivo, deben ser consensuados por toda a corporación; seguramente este equipo de goberno non vai ser o mesmo que inicie a próxima lexislatura, e por iso é necesario que centremos toda a atención política no benestar e en facilitar as cousas aos lucenses”.
Castiñeira di “ao señor Tomé que se deixe de politiqueos baratos e de criticar á nosa presidenta provincial e candidata a alcaldía de Lugo e que se centre en Monforte e na Deputación de Lugo”. A oferta de colaboración do PP ten unha condición: “Sempre e cando o presidente Tomé estea centrado, centrado nas súas obrigas como presidente da Deputación e non única e exclusivamente como secretario xeral do Partido Socialista de Lugo”.