O portavoz popular na Deputación, Javier Castiñeira, considera que a chapuza na estrada LU-P 1906, demostra unha vez máis que o presidente provincial, José Tomé, ten que renunciar a asumir a dirección de Vías e Obras
O portavoz do Partido Popular na Deputación, sinala: “O grupo Provincial do PP visitou A Fonsagrada, xunto con voceiro do PP en este municipio, Josín Regueiro, para ver como quedaron os arranxos que se fixeron na estrada provincial LU-P 1906, entre A Fonsagrada e Ribeira de Piquín, cuxo mal estado denunciou o Partido Popular hai ano e medio aproximadamente. Nesta vía, a Deputación vén de gastar case 100.000 euros. E o desgusto é maiúsculo non só para o PP senón para todos os veciños, porque existe un agravio enorme con outras localidades, porque o único que se fixo foi un parcheado, con rego asfáltico, e non unha pavimentación completa con aglomerado en quente como se fai noutras localidades e como pedía o PP”.
Castiñeira explica que a LU-P 1906 “é unha estrada de montaña, na que no inverno haberá xeo”, polo que é necesario que teña o mellor firme posible. Os populares pediran no seu día a instalación de biondas. Castiñeira explica: “Quedou moita grava solta, o que é un perigo para o tráfico, e as necesarias biondas instaláronse de tal maneira que estreitan moito a calzada e carecen da protección para motoristas; é unha situación totalmente inaceptable”.
O portavoz popular anuncia: “O grupo provincial do PP, a petición do PP de A Fonsagrada, levará unha iniciativa ao pleno da Deputación para que se corrixa canto antes o actual estado da estrada e se fagan os arranxos como debe ser para a seguridade dos usuarios”.