Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP da Pastoriza lamenta que o rebacheo de pistas municipais consista en “tapar un e deixar catro”

Os populares insisten en pedir ao goberno local “planificación” á hora de acometer obras de arranxo nas vías municipais porque “non van quedar ben ao aplicar aglomerado en frío cando non fai bo tempo”

A A Pastoriza, 29 de setembro de 2022. O PP da Pastoriza lamenta que “a pésima xestión” do goberno local en relación aos labores de rebacheo nalgunhas pistas municipais” e pregúntase se a área de vías, da que é responsable a concelleira nacionalista Elva Carrera, “está a facer un rebacheo ou está a tirar o diñeiro” porque “por un bache que queda tapado, quedan catro sen tapar”.

Así o manifestan tras comprobar os traballos que se están a realizar en lugares coma Pousada, Fonmiñá, Crecente ou A Rigueira. Os populares puideron comprobar in situ que “se está a aplicar aglomerado en frío” de forma que “cando chove non queda ben”. De feito, “estase levantando”.

É por iso polo que defenden que “os traballos de arranxo das pistas deben realizarse de forma planificada e, polo tanto, xestionando todo para poder levalos a cabo durante os meses que fai bo tempo”.

Os populares da Pastoriza lamentan que “se invista o diñeiro en facer chapuzas” porque “esta actuación non vai ser efectiva para as pistas. É facer por facer coa vista posta nas vindeiras eleccións e non en solucionar os problemas dos veciños e veciñas que usan a diario estas vías de comunicación”.

Botar gravilla nunha pista aglomerada
O PP local xa denunciara recentemente o que consideran “outra chapuza: arranxar con gravilla e un pouco rego asfáltico a estrada municipal que comunica Corvelle con Muimenta por Canaredos que estaba aglomerada”.

Exit mobile version