Na mesma liña, no PP avanzan que queren axudas da Deputación para as empresas, “axuda que non viron ata agora fronte aos elevados custos de produción e a conseguinte caída da competitividade, que leva algúns a pensar incluso en perder postos de traballo
Castiñeira di: “Na provincia de Lo que el viento se llevó do señor Tomé as entradas provinciais son unha dificultade para todas as persoas que viven no rural. O señor Tomé non quere recoñecer que fracasou a súa política de estradas; non queremos unha provincia que se identifique co título Lo que el viento se llevó por causa da conxelación do plan Único, debido a que todos eses concellos pequenos que esperaban máis cooperación en época de crise o único que viron foi a conxelación do importe do Plan Único”.
Os populares queren unha provincia moderna, cun goberno moderno que teña en conta a situación real. E para iso, “o primeiro é combater a inflación que está prexudicando ás nosas familias, aos nosos veciños, que teñen dificultades coa cesta da compra”. No PP din que os empresarios “non viron axuda da Deputación de Lugo fronte aos elevados custos de produción e a conseguinte caída da competitividade, que leva algúns a pensar incluso en perder postos de traballo”.
Castiñeira avisa: “No PP ofrecémonos de novo para traballar de forma conxunta. Pero que non conten con nós para que Lugo sexa a provincia de Lo que el Viento se llevó. Queremos unha provincia próspera, con oportunidades para os nosos concellos, con capacidade para dar mellores e máis servizos porque a Deputación lles axuda e non fai política discrecional segundo a cor política”. Engade: “Queremos unha provincia con infraestruturas adecuadas e non cheas de fochancas; o PP ofrécese para traballar nos orzamentos, pero non para que voen as ilusións dos nosos cidadáns como no título desa película que tanto lle gusta ao señor Tomé”.